O centro
Aixola foi creado co obxectivo de capacitar aos colectivos que abandonaban a pesca para continuar exercendo a súa actividade noutros oficios do sector marítimo. A formación puramente técnica compleméntase con actividades de inclusión social e fomento da igualdade de xénero, ofrecendo apoio na busca de novas oportunidades de emprego, e promovendo o impulso do espírito emprendedor e cooperativo entre os seus beneficiarios. O denominador común de todas as acciones formativas é a súa orientación práctica para a adquisición das capacidades requiridas polo mercado laboral, a través da aprendizaxe en taller, onde se realizan proxectos xurdidos de necesidades reais. O centro de formación emula o traballo das empresas cun profesor-titor e un grupo de aprendices en cada especialidade newzpharmacy.com. A formación teórica necesaria para o desenvolvemento das especialidades impártese maioritariamente integrada á práctica. A formación impartida é non regrada, é dicir, que non dá lugar a un certificado académico, pero sí acredita ós alumnos que a cursan cun certificado de aproveitamento. Este enfoque favorece o acceso á formación, e axiliza a actualización de contidos, adecuando os cursos ás demandas do mercado.
Últimas novas
Qué andamos a facer últimamente?
Onde estamos?
Horario: De 09:00 a 13:30 y de 15:30 a 18:30.
Enderezo
Porto Pesqueiro, s/n - Marín, Pontevedra
Contacto
+34 886 206 915
aixola@cetmar.org