Colaboración co Concello de Pontevedra
31/03/2017
Noticias
No marco da colaboración coas distintas actividades de índole social, o Centro de Formación A Aixola cedeu unha rede de pesca fabricada no curso de “Confección e Mantemento de Artes e Aparellos”, ao Obradoiro de Emprego organizado polo Concello de Pontevedra.
O pano foi construido con retais de restos de diversas redes, e empregouse nun proxecto sobre a reciclaxe.
![](https://aixola.cetmar.org/wp-content/uploads/2017/03/Entrega-Red-Obradoiro-Emprego-10-03-17-1024x768.jpg)
A rede foi usada para a realización de xogos sensoriais con instrumentos musicais feitos con material reciclado, cos nenos do CEIP Xunqueira I, dentro dun proxecto do Obradoiro que se denominou Recreactívate.
![](https://aixola.cetmar.org/wp-content/uploads/2017/03/red-ies.jpg)