Aberta a preinscripción para os cursos do período 2016-2017!

Xa podes realizar a túa preinscripción para os próximos cursos que terán lugar no Centro de Formación A Aixola a partir de setembro de 2016!

Abrimos estos 8 cursos largos, totalmente gratuítos:

PROGRAMA MANTEMAR

Como novidade, este ano incluimos no CF A Aixola o Programa MANTEMAR, orientado aos servizos de mantemento portuarios e marítimos, articulado nunha serie de cursos curtos e complementarios entre sí, aunque independientes.

Permiten unha iniciación nas diferentes técnicas de traballo nas que poden posteriormente especializarse a través de cursos longos, mentres que a combinación de cursos curtos confire unha polivalencia de grande utilidade nas labores de mantemento.

Todos os cursos teñen una duración de 100 horas, e impártense polas tardes de luns a xoves.

Os cursos deste programa son os seguintes:

Como nos períodos anteriores, dende Aixola abrangueremos cursos co obxectivo principal que se marcou dende o seu nacemento, hai xa 18 anos: “facilitar formación e información aos profesionais presentes e futuros do sector marítimo Pesqueiro”.

Logo_FEMP

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *