Aixola participa na IV Xornada de Artesanía da Madeira no CIFP A Xunqueira
A área de carpintería de ribeira do Centro de Formación A Aixola colabora co CIFP A Xunqueira na celebración das IV Xornadas de artesanía da madeira que se celebran o vindeiro xoves 9 de febreiro.
O obxectivo das xornadas é dar a coñecer as posibilidades profesionais da especialidade de madeira, ademais da fabricación e instalación de carpintería e moble convencional. A actividade inclúe tamén unha xornada de portas abertas para que o público coñeza os ensinos e os traballos que se realizan.
A participación de Aixola nesta ocasión será similar á realizada na anterior edición, en marzo de 2015: os alumnos do curso de carpintería de ribeira realizarán traballos de demostración que ilustran o oficio dos carpinteiros na construcción naval en madeira: a maqueta dun casco utilizando un medio casco, e traballo nun mastro empregando unha aixola, a ferramenta insignia do noso Centro de Formación.
Ademáis, o Centro aportará materiais onde se empregan tanto técnicas tradicionais coma novas técnicas de construcción en madeira para completar a mostra.