Colaboración coa Escola de Arquitectura de Toledo
En novembro do ano pasado, púxose en contacto con nós a Escuela de Arquitectura de Toledo da Universidad de Castilla La Mancha.
Durante o curso 2015-2016, na materia de Construción de Madeira, construíran con corenta alumnos un barco de madeira, o Vaurien de 1953 do arquitecto naval francés Jean Jacques Herbulot (1909-1997).
No momento de construír o mastro e a retranca, solicitáronos participar neste proxecto achegando as velas, que terían que construír os nosos alumnos… e por suposto accedemos encantados!
Detalle das velas cedidas polo Centro de Formación A Aixola.
As velas seguen o deseño orixinal, e foron realizadas durante o curso de Velaría, coordinado polo profesor Víctor Robleda Barcia.
O barco estará exposto na Escola de Arquitectura un tempo e despois doarase ó Museo Naval de Madrid.
Aquí podedes ver a construción do casco: https://www.youtube.com/watch?v=eKVtqc2hbTM
Aquí poderedes ampliar información sobre o barco: https://www.vaurien.es/historia