Colaboración do CF A Aixola co Concello de Poio

Sabes que un dos obxectivos de Aixola é a difusión dos traballos do sector marítimo – pesqueiro? Neste sentido, colaboramos co IES do Concello de Poio, prestando material para a impartición do obradoiro de redería dentro do programa “Os Oficios” para a recuperación de oficios tradicionais.

O Concello agradecéunolo cunha carta, e mandounos esta foto dos alumnos, nos que agardamos espertar o seu interese nos traballos do mar.

Foto Colaboración PoioNós, sempre, encantados de axudar no posible con estas iniciativas.