Comunicación aos interesados no curso de Redes e Aparellos

A partir de setembro de 2015 o Centro de Formación A aixola iniciará a impartición dos cursos de “Confección e Mantemento de artes e Aparellos” que dan acceso ao certificado de profesionalidade correspondente.

O Servizo Público de Emprego de Galiza realizará a pre-selección de candidatos para o curso, que participarán nas probas de selección realizadas no Centro de Formación A Aixola.

Se vostede desexa participar no proceso de selección de alumnos, deberá  notificar á súa oficina de Emprego o seu interese en realizar o curso “Confección e Mantemento de artes e Aparellos”, código de especialidade MAPN0108. Só poderán participar no proceso de selección as persoas que cumplan algún dos requisitos indicados ao final da páxina.

redes2

NOTA: Dado o elevado número de demandantes do curso, o feito de estar inscrito como demandante do curso na súa oficina de Emprego non é garantía de ser pre-seleccionado,  pero é a única vía para poder participar no proceso de selección de alumnos.

REQUISITOS DE ACCESO AOS CURSOS:

Para acceder á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade do nivel de cualificación profesional 2, as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos seguintes:

a) Estar en posesión do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria.

b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder

c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional

d) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.

e) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.

f) Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

Estarán exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *