Entrega de embarcación pneumática á Guarda Civil del Mar

Con fecha de onte fiximos a entraga á Guardia Civil del Mar dunha embarcación neumática semirríxida, que foi reparada como parte do programa de prácticas do alumnado do curso de “Reparación de embarcacións pneumáticas” (300 h).

Os traballos realizados no Centro foron:

  • Limpeza de balones, desmontaxe e localización de fugas de aire.
  • Pegado de parches, asas e reforzos.
  • Limpeza, lixado e pintado con pintura PVC de letras e bandeira.
  • Colocación de contrachapado no tambucho de proa.

A Embarcación abandondando as nosas instalacións.

Agradecemos moito a confianza que a Guarda Civil del Mar depositou en nós, e esperamos volver colaborar pronto.

 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *