Finalizou o curso de “Ecodeseño e Ecoconstrucción en embarcacións de madeira”
16/12/2013
Noticias
O sábado 14 de decembro finalizou o curso de “Ecodeseño e Ecoconstrucción en embarcacións de madeira“, impartido no Centro de Formación A Aixola, e financiado e promovido pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
Durante o curso, de 60 horas de duración (6 teóricas, e 54 prácticas), carpinteros de ribeira en activo puideron perfeccionar os seus coñecementos nas novas técnicas sostibles aplicadas ao deseño e a construción.
Ao acto de clausura e entrega de diplomas asistiron a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, a gerente da Fundación Centro Galego dá Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, así como a directora do Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación CETMAR Paloma Rueda Crespo.