Prácticas do curso de Confección e Mantemento de Artes e Aparellos
25/05/2017
Noticias Uncategorized
O curso de acceso ao Certificado Profesional de Redes (Confección e Mantemento de Artes e Aparellos de Pesca) concluíu a parte de aprendizaxe na aula e xa arrincamos coas 40 horas de prácticas de traballo.
Queremos agradecer ás empresas que están a colaborar na formación destas futuras redeiras e redeiros: TECNOPESCA PYM, SL (Marín); Suministros Navales e Industriales Hércules (A Coruña), e a Asociación de Redeiras Virxe do Carmen (Portosín).
Sen esta colaboración non poderiamos ofrecer esta formación.


