Próxima selección de alumnos: Mantemento da Instalación Eléctrica dunha embarcación menor (PROGRAMA MANTEMAR)
14/02/2017
Noticias
A selección de alumnos do curso do Programa MANTEMAR: Mantemento da Instalación Eléctrica dunha embarcación menor (100 horas), terá lugar no Centro de Formación A Aixola o LUNS, 20 DE FEBREIRO, ÁS 16:30.
Os participantes na selección, previamente inscritos na web, deberán aportar a documentación acreditativa da súa formación e experiencia laboral, e o DNI.
Se estás interesado, tes que inscribirte en: https://aixola.cetmar.org/programa-mantemar/
O curso terá lugar polas tardes, do 27 de febreiro, ata o 30 de marzo de 2017.
A selección realizarase nas instalacións do CF A Aixola no Porto Pesqueiro de Marín, e consistirán nun pequeno test de coñecementos xerais e unha entrevista persoal.