Próximos cursos no Centro de Formación A Aixola
29/07/2020
Uncategorized
Xa queda moi pouco para que o Centro de Formación A Aixola reinicie a súa actividade, con novos cursos que esperamos sexan do voso interese. O luns empezamos co curso de composites “Laminado manuel en poliéster para pezas de uso en acuicultura e construcción naval”, para o que aínda quedan prazas. Neste momento os cursos están restrinxidos a persoas con vinculación (formativa ou laboral) co sector pesqueiro. Podedes atopar toda a información aquí. Podedes realizar a preinscrición completando o formulario para cada curso na web https://aixola.cetmar.org . Para realizar a selección, os candidatos terán que realizar unha proba presencial de coñecementos básicos e unha entrevista persoal (que poderá ser telefónica). Por suposto, todo o proceso selectivo e formativo, realizarase coas estritas medidas sanitarias e de distancia social necesarias para garantir a saúde dos alumnos e traballadores do Centro. |