Visita aos Asteleiros Triñanes
Hoxe os alumnos dos cursos de “Innovación en madeira. Autoconstrucción” e “Carpintería de ribeira” visitaron os Asteleiros Triñanes, en Boiro.
A empresa Asteleiros Triñanes foi recoñecida o ano pasado como finalista dos premios nacionais de artesanía. Estos premios, promovidos pola Fundación Española para la Innovación de la Artesanía (Fundesarte), teñen como finalidade dar recoñecemento institucional ao máis alto nivel ás actuacións recoñecidas como excelentes e exemplares no campo da artesanía contemporánea.
Non hai máis que dar unha volta pola súa páxina web para admirar o gran traballo que realizan no ámbito do mantemento e recuperación do patrimonio marítimo galego.
Os alumnos non dubidaron en cualificar a visita de espectacular.
Desde aqui reiterámoslle o noso máis sincero agradecimiento a Gerardo Triñanes, propietario do astillero, polas súas explicacións, e a súa amabílisima recepción.
Esperamos repetir en breve.
Ladeira, 33-Chazo
15930 Boiro (A Coruña) España
asteleirostrinanes@asteleirostrinanes.com