Visita do Colexio San José de Pontevedra
Hoxe tivemos a visita de 42 alumnos do Colexio San José de Pontevedra no Centro de Formación A Aixola.
Os chavales, de 5º e 6º de primaria falaron cos profesores dos distintos obradoiros, e aproveitaron para facer moitísimas preguntas interesantes!
O profesor da área de poliéster, Xosé Lois, explicoulles que a fibra de vidro co a que se fan os barcos, pódese atopar en obxectos cotidiáns…e na raqueta de Rafa Nadal!
Santi, o profesor de carpintería, explicou cómo se facían os barcos tradicionalmente, e a importancia de manter o patrimonio marítimo galego.
Pola súa banda, Victor, o profe da área de pneumáticas e velería falou sobre as distintas lanchas, e os alumnos aprenderon como atopar un pinchazo nunha embarcación pneumática, e arranxalo.
Finalmente, despedíronse cunha foto no xardín frontal do Aixola.
Agardamos que disfrutaran a visita! Ata pronto!
Si queredes solicitar unha visita, podes facelo aquí.