Visita dunha delegación de For-Mar

O mércores 14 de maio tivemos o honor de recibir a visita dunha representación de tres membros do Centro de Formação Profissional dás Pescas e do Mar, FOR-MAR, sito en Viana do Castelo, Portugal.

A delegación, encabezada por João Rodrigues, responsable da Unidade FOR-MAR de Viana do Castelo, foi recibida por Lucía Fraga, coordinadora da área de Formación de CETMAR.

No obradoiro de composites.

Durante a súa estancia no Centro de Formación “A Aixola”, a delegación lusa asistiu á presentación das actividades que realizamos, e coñeceron todos os obradoiros de formación. Ademais, Xosé Lois Pazos Campos, o noso profesor do área de composites, realizou unha demostración das técnicas de infusión e moldeo por transferencia de resina (RTM) na elaboración de pezas con composites.

Agora tocaranos a nós visitar o seu centro, e propoñer futuras colaboracións!

2Molde e contramolde para a técnica de inxección

 

Máis info: http://www.for-mar.pt

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *