Dúas visitas do Colexio “La Inmaculada” de Marín
13/05/2014
Noticias
Esta semana e a pasada estivemos moi ocupados no Aixola recibindo as visitas de diferentes cursos do Colexio A Inmaculada, de Marín.
Os alumnos con Victor, o profesor de Velería e Pneumáticas
O pasado martes 6 de maio visitábannos 50 nenos de 10-11 anos, e hoxe, martes 13 de maio visitáronnos outros 55 de 11 e 12.
No hall de entrada, atendendo as explicacións de Lucía.
Tras realizar unha visita ás instalacións portuarias de Marín, os grupos achegáronse ao noso Centro de Formación. Aquí, puideron coñecer todos os nosos talleres, de velería, plásticos, políester, carpintería…
Agardamos que gozasen tanto coma nós con este encontro! Sodes sempre benvidos!