Taller de Divulgación do Cooperativismo
14/10/2014
Noticias
A semana pasada celebrouse no Centro de Formación A Aixola un Taller de Divulgación do Cooperativismo en dúas xornadas.
O Taller rematou cunha Mesa de experiencias cooperativas no sector para que o alumnado coñeza de primeira man o día a día dunha cooperativa, fomentando o debate a través da participación directa dos asistentes con socios traballadores de dúas cooperativas galegas .
A actividade foi completamente gratuita, respaldada pola Xunta de Galicia.

